venres, 29 de setembro de 2017

Probando o xogo

Este mes de setembro está a ser moi intenso nas probas do xogo para facelo mais entretido.
O prototipo do xogo polo de agora ten moi boa pinta.

venres, 15 de setembro de 2017

ALONSO DE LANZOS

Alonso (ou Afonso) de Lanzós era nobre e un dos dirixentes irmandiños mais destacados. Lanzós ergueuse contra a casa dos Andrade, aos que servira, por afrontas á súa propia familia e logrou vencer todas as súas fortificacións, agás a de Moeche, aínda que finalmente foi preso por Fernán Pérez Parragués e rematou nun calabozo dos Andrade.

Era orixinario de Betanzos e serviu ao seu curmán Fernán Pérez de Andrade para despois pasar á casa dos Gómez Pérez das Mariñas.

Na revolta de 1467 Lanzós asumiu o mando das milicias populares, en Betanzos e Mondoñedo. Cando no final da revolta Pedro Osorio e Diego de Lemos vendo todo perdido réndense, Lanzós fai outro tanto ante o bispo de Santiago, Alonso de Fonseca II.

Fixo testamento o 21 de maio de 1480 na cidade da Coruña e mandou ser enterrado no convento de San Francisco da Coruña onde di que descansaban os seus devanceiros.

venres, 8 de setembro de 2017

XOGO DOS IRMANDIÑOS

A asociación Universitaria INCUDE decidiu neste 2017 conmemorar o 550 aniversario do levantamento irmandiño coa realización dun xogo sobre o suceso, co que pretende divulgar a historia deste acontecemento dende un punto de vista lúdico.
O xogo conta coa colaboración da Universidade da Coruña e da Deputación da Coruña.

venres, 1 de setembro de 2017

XADREZ

En colaboración con INCUDE e o seu grupo de xadrez CIDU axudamos a divulgar o xadrez. Ao fin e ao cabo é un xogo onde os peóns poden derrubar torres, destruir aos nobles e mesmo ocupar o seu lugar.